título
Todología con bigote
Dous vellos


Dous vellos que tamén tiveron mocedade, que se coñeceron nun baile, que logo se casaron por amor e que viviron amándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o rechouchío dun xílgaro engaiolado. Sen fillos e sen amistades. Soios.

Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morréu.
A compañeira dos seus días vistéuno, afeitóuno e púxolle as mans en cruz.

Hoxe entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta da casa e coa voz amorosa dos días de mocedade despidéuse do seu compañeiro:

— ¡Deica logo, Eleuterio!

E os veciños que acudiran ó espeutáculo tapáronse as bocas e riron cos ventres. A despedida da vella foi rulando e chegóu ó Casino e o deica logo Eleuterio xa se convirtéu en motivo de risa.

Todos, todos, se riron e ninguén se decata con qué delor a vella enamorada chamará pola morte nesta noite de inverno.


Castelao, Cousas.

comments powered by Disqus

 ||—|| 

Los textos originales de este cuaderno se encuentran bajo la Licencia ColorIuris especificada aquí. El resto son propiedad de sus respectivos autores. El diseño de la página es obra de Jorge Portillo. Valida xhtml y css. Formatos disponibles para agregadores de noticias: atom y rss ( Suscribir). Alojamiento provisto por Libro de notas. Gestionado con Textpattern. La caricatura de Groucho Marx es creación de Al Hirschfeld, publicada por George J. Goodstadt. Si quiere saber quién visita este cuaderno y desde dónde, pinche aquí.